22
O pesqueiro Praia de Lago, con base en Camelle, solicitou asistencia na mañá deste luns a 1 milla ao noroeste de Cabo Trece por un fallo mecánico e con 3 tripulantes a bordo. O Centro de Coordinación de Salvamento Fisterra mobilizou á Salvamar Altair, que o remolcou ao porto de Camariñas. Cabe destacar o operativo de Salvamento Marítimo para evitar traxedias marítimas, as súas unidades están sempre preparadas, os 365 días do ano, para asistir á xente do mar cando ten algún problema.