O buque ‘Lagertha’, con bandeira de Malta, atravesou hai dez días o corredor marítimo de Fisterra. Nesa travesía pola costa galega cometeu unha infracción grave: unha descarga de hidrocarburos. Unha ilegalidade que foi gravada polo avión de Salvamento Marítimo. Á vista das imaxes, o Goberno ordenou a retención do buque no porto de Tarragona. Non poderá abandonar a terminal ata que o armador non pague unha fianza de 100.000 euros polo sucedido.
Inicio Costa da Morte Salvamento Marítimo caza a un mercante facendo unha vertedura no corredor de...