Salvamento Marítimo caza a un mercante facendo unha vertedura no corredor de Fisterra

Salvamento Marítimo.

O buque ‘Lagertha’, con bandeira de Malta, atravesou hai dez días o corredor marítimo de Fisterra. Nesa travesía pola costa galega cometeu unha infracción grave: unha descarga de hidrocarburos. Unha ilegalidade que foi gravada polo avión de Salvamento Marítimo. Á vista das imaxes, o Goberno ordenou a retención do buque no porto de Tarragona. Non poderá abandonar a terminal ata que o armador non pague unha fianza de 100.000 euros polo sucedido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha