Salvamento Marítimo Fisterra | Entre os condecorados coa medalla ao Mérito Civil

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, impuxo o recoñecemento este xoves ao xefe do CCS Fisterra, Manuel Capeáns, ao que acompañaba a controladora e subdelegada Aida Naya Varela na Delegación do Goberno en Galicia.

O delegado, Pedro Blanco, reivindicou «visibilizar» os comportamentos heroicos, as traxectorias profesionais intachables, e enxalzar o sobresaliente, en tempos marcados pola inmediatez, pola superficialidade. Pedro Blanco presidiu na Coruña o acto de imposición de medallas que oficializa a entrada de once persoas e institucións nas ordes ao Mérito Civil e da Protección Civil. Na listaxe hai cinco persoas membros do Corpo Nacional de Policía, cinco persoas integrantes da Garda Civil, un vixiante de seguridade privada, unha persoa a título particular e o Centro de Salvamento Marítimo en Fisterra, a título colectivo.

O delegado nomeou un a un os servizos que acreditan cada unha das condecoracións, e que falan de homes e mulleres “heroes na terra e no mar”, que se distinguiron ben por unha acción meritoria como un auxilio a unha persoa en perigo, ou ben por unha traxectoria profesional intachable e envorcada no ben común. Todos estes méritos conforman a proposta elevada pola Delegación do Goberno en Galicia e que atenderon os Ministerios do Interior e de Asuntos Exteriores, responsables destas Ordes ao Mérito, para aprobar a súa concesión.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha