Salvamento trasladou un operario ferido nun buque a 43 millas de Touriñán

0 minutes read

Fontes de Salvamento Marítimo informaron do traslado dun home de nacionalidade rusa, de 46 anos, que sufriu unha caída dende unha altura considerable no buque tanque no que traballa a 43 millas ao noroeste de Cabo Touriñán.

A pesar das diversas contusións e dunha ferida na cabeza, o afectado atópase consciente. A voz de alerta deuse ás oito e media deste domingo polos compañeiros do ferido, que foi trasladado no helicóptero Helimer 401 ao aeroporto de Alvedro e dende alí en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.