Salvaterra de Miño conta cunha nova Casa da Música

1 minutes read

O edifício, que consta de dúas alturas de mais de 200 metros cadrados cada unha, reformouse de xeito integral. Habilitáronse espazos de administración, sala de profesores, biblioteca, almacén, así como unha sala polivalente. Para impulsar a formación creáronse dúas aulas teóricas, tres de solfeo e tres aulas instrumentais.

O inmoble, datado de 1925, acolleu a Sociedade Unión Progresista do Distrito de Bos Aires e anos despois albergou a Casa do Pobo co propósito de dotar ao municipio dun emprazamento onde realizar conferencias, facer exposicións e instalar unha escola de artes e oficios.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a alcaldesa Marta Valcárcel foron os encargados de inaugurar este sábado a nova Casa da Música de Salvaterra de Miño.