Samuel e Sara Pose seguirán no Goldie Xiria Carballo Turismo

1 minutes read

O xoven delegado, Samuel Castiñeiras, seguirá unha tempada máis acompañando e axudando ao Goldie Xiria Carballo Turismo. Samuel, que sempre ten un sorriso para as súas compañeiras, seguirá colaborando co equipo para lograr xunt@s grandes cousas. Segundo nos conta: «Estou moi orgulloso de poder formar parte deste equipo outro ano máis e de estar aí para poder axudar á gran familia que formamos.»  

Sara Pose

A gardameta seguirá unha tempada máis defendendo a portería do Goldie Xiria Carballo Turismo. Sara e Nadia seguirán a traballar duro para que a portería do equipo senior feminino das Escolas Balonmán Xiria sexa unha das mellores da competición. Segundo as súas palabras: «Estou orgullosa de formar parte deste prometedor plantel unha tempada máis, defendendo a nosa portería co esforzo que sexa necesario. Estou desexando comezar a tempada e deixar, xuntas, o equipo no mellor posto da táboa clasificatoria.»