Samuel Lodeiro debutou co Calvo Basket Xiria en Culleredo


Superioridade absoluta do KFC Culleredo ante o Calvo Basket Xiria no partido de LigaEBA xogado este sábado na cancha cullerdense. O equipo local foi superior de principio a fin cuns parciais de 23/14 – 18/17 – 20/11 – 24/16. Contundente a vitoria do KFC Culleredo, cun resultado final de 85-58. A parte positiva e ilusionante para o Calvo Basket Xiria estivo no debut do canteirán carballés Samuel Lodeiro, quen ademais anotou os seus primeiros dous puntos.

Samuel Lodeiro.