San Cristovo | Serpe multicolor polas rúas de Carballo

Camiones engalanados.

Decenas de vehículos sobre rodas de todo tipo invadiron este domingo 7 de agosto as rúas de Carballo. Engalanados con flores, con plantas e con estampas, uníronse á procesión do San Cristovo que cada ano anima as festas do barrio e que se deixa sentir en toda a localidade. Dianas e alboradas complementaron o programa desde primeira hora da mañá; tras a misa solemne na honra da nosa Señora de Lourdes e Boa Viaxe procedeuse coa procesión, acto seguido houbo sesión vermú coa orquestra Trébol e música toda a tarde coa disco móbil impacto, que tamén se turnaron na verbena.

Frota de vehículos da Autoescola Carcopa, preparados e engalanados para a ocasión.
Actuación da Orquestra Trébol na verbena deste domingo.