O tradicional Berro Seco volverá a resoar máis forte que nunca os días 1 e 2 de agosto coa celebración das festas patronais de San Fins do Castro.
O martes 1 de agosto a xornada festiva abrirase coa homilía das 09:00 horas acompasada coas dianas e alboradas. O Son do Castro serán os encargados de animar a mañá, e ás 13:00 horas terá lugar a segunda misa, cantada pola Coral de Cesullas.
Será ao mediodía cando o público enmudeza para dar paso ao Berro Seco e ao tradicional Santo da Pólvora. O acompañamento da Banda de Música Eduardo Pondal e a sesión vermú a cargo da orquestra Los Españoles servirán de antesala ás concorridas merendas, nas que tampouco faltará a música, que virá dada polos grupos ‘Os Farrapos’ e ‘Os Enxebres’.
Pola noite, haberá verbena coas orquestras Los Españoles e New York.
O mércores, día 2 de agosto, honrarase á Nosa Señora dos Remedios con sendas misas ás 09:00 e ás 13:00 horas, cantada pola Coral de Cesullas. Ao longo da mañá haberá animación musical con O Son do Castro e sesión vermú coa orquestra Magos, que tamén será a encargada de animar a verbena nocturna.
As persoas que precisen información para a colocación de postos e de mesas poderán contactar co 696 083 217.