San Paio de Navia contará con 79 vivendas de promoción pública


Unha vez rematada a adquisición de solo para a ampliación e redactados os tres proxectos de urbanización (266.820 m2), a Xunta licitará no vindeiro mes de febreiro, por un orzamento de 11 millóns de euros, as obras de urbanización do primeiro dos tres polígonos nos que se divide a ampliación de San Paio de Navia en Vigo, para construír as primeiras 79 vivendas de promoción pública, neste primeiro ámbito dun total de 733 vivendas previstas. Cómpre lembrar que toda vez que se poida convocar, terán preferencia os proxectos de construción de inmobles para alugueiro social e, precisamente, as cooperativas e promotores poderán optar ás axudas dos fondos europeos, de ata un máximo de 50.000 euros por vivenda.