Fíxoo tras impoñerse na final por un contundente 5-0 a Canteras El Pozo no encontro celebrado onte domingo no Campo Municipal da Laracha.
Aínda que os da parroquia de Cabovilaño xa lograron unha vantaxe importante poñéndose 2-0 no primeiro cuarto de hora do partido con tantos de Mario e Juni, despois ata o descanso o encontro estivo disputado, sendo Canteras El Pozo capaces de competir.
Con esa desvantaxe no marcador, e prexudicados polas lesións de xogadores importantes do equipo, os de Soandres baixaron o nivel físico na segunda metade, na que San Ramón foi moi superior e sentenciou con outros tres goles, todos eles marcados por Manteca.
A entrega dos trofeos foi a cargo da concelleira de Deportes, Patricia Bello, e do edil Manuel García Montes.
