Aínda que entendemos que as dedicatorias de amor, sexan de parella, de amizade ou a familiares, non deben facerse tan só un día ó ano, senón máis ben todo o contrario… Tomando como pretexto que este día existe, así como a súa popularidade, dende os Departamentos de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura do Concello de Laxe, propoñen esta iniciativa para conmemoralo así como para promover entre a poboación, a composición de textos breves, que destaquen pola súa fermosura, de textos con corazón, de textos con sentimento.
Se ben na 1ª edición deste certame no ano 2020 premiouse o amor de parella, de amizade, ós familiares, nesta 2ª edición, premiarase O AMOR EN PARELLA.
PARTICIPA E DEDICA AS TÚAS PALABRAS CON SENTIMENTO A TÚA PARELLA, Ó TEU AMOR, ben sexa este REAL OU PLATÓNICO. Se a túa dedicatoria é elexida como unha das mellores deste 2021, poderás gañar, por sorteo, unha noite de aloxamento con almorzo para dúas persoas en Laxe, nun dos 9 establecementos hoteleiros, hostaleiros e/ ou casas de turismo rural que participan na iniciativa.
