Sánchez anuncia vacinación masiva no primeiro semestre de 2021


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que, xunto a Alemaña, España será o primeiro país da Unión Europea en ter un plan completo de vacinación que se aprobará o vindeiro martes en Consello de Ministros e permitirá que unha parte substancial da poboación española poida estar vacinada, “con todas as garantías”, no primeiro semestre de 2021. Ademais, dixo que se prevé incrementar en 10.000 as prazas de formación sanitaria para adiantar a incorporación de novos profesionais, co fin de reforzar os servizos de saúde de todas as comunidades autónomas.