Sánchez aplaude o apoio de Scholz á conexión de gas con Europa


Pedro Sánchez aplaude o respaldo do chanceler alemán Olaf Scholz á demanda histórica que vén facendo España de mellorar as conexións de gas entre a Península Ibérica e o resto de Europa. Ata o momento non se deu unha mensaxe así por parte de Alemaña. Pero a invasión de Ucraína trastornou o mapa gasístico e agora interesa todo gas que chegue xa sexa do Norte de África ou regasificado en España. Queda convencer a Francia, pola negativa das poboacións nas que haxa que construír o gasoduto, pola opinión pública, polos custos ou porque segundo eles non estaría terminado ata 2030 o que non solucionaría as necesidades inmediatas. Serían 220 quilómetros de infraestrutura para conectar ambos os países. España de momento xa deu data para a súa conexión para meter presión: 8 ou 9 meses.