Sánchez chama todas as forzas a derrubar o muro do bloqueo

0 minutes read

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, chamou este luns a derrubar «o muro» do «bloqueo» que «nos impide avanzar e defendernos das ameazas» e, para acabar con ese muro, apelou a reunir «todas as forzas que sexa posible».

Nun acto en Madrid para presentar a campaña e arroupado por cinco ministros e a maior parte da Executiva Federal, Sánchez, nun breve discurso, esixiu un Goberno «forte» para superar a crise de convivencia en Cataluña pero tamén «progresista, unido e estable, non en funcións».