Sánchez convocará a Feijóo a unha reunión este mes para abordar a renovación do CXPX

Nunha conversa informal cos xornalistas, o presidente do Goberno anunciou que quere reunirse co líder do PP antes de finais de ano para abordar asuntos que considera prioritarios, como a aprobación dun novo sistema de financiamento autonómico, entre outros asuntos. Pero o máis urxente que considera é abordar co PP a necesidade de renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial. En todo caso, PSOE e PP chegaron ao 45 aniversario da Constitución máis lonxe que nunca do consenso. Pedro Sánchez e Núñez Feijóo repocháronse mutuamente incumprimentos da Carta Magna.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha