44
Moncloa púxose en contacto con Feijóo para propoñerlle dúas datas para o devandito encontro, o martes 5 ou o xoves 7 de abril. A contorna de Feijóo asegura que está «a barallar» que día acudirán ao encontro para responder á invitación. Ambos xa tiveron a posibilidade de conversar a soas na Conferencia de Presidentes da illa da Palma e emprazáronse a verse cando Feijóo fose designado presidente do PP. O novo líder do PP agradeceu as mensaxes de felicitación recibidas, en especial «as palabras da súa maxestade o Rey e a mensaxe do presidente Sánchez», tal e como escribiu Feijóo na súa conta de Twitter.