Sánchez defende ‘a amnistía en Cataluña’ polo ‘interese de España’

«No nome de España, no interese de España, en defensa da convivencia entre españois, defendo hoxe a amnistía en Cataluña polos feitos acaecidos na década pasada», dixo o presidente do Goberno en funcións e tamén secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, na súa intervención este sábado entre unha ovación pechada dos dirixentes socialistas.

«Hai que facer da necesidade virtude. É a única vía posible para que haxa Goberno en España e non haxa repetición electoral», engadiu Sánchez durante o Comité Federal do seu partido no que os socialistas aprobaron unha consulta á militancia para avalar os pactos con varios grupos parlamentarios, entre eles Junts e ERC, para a súa investidura.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha