O Consello de Ministros declara o estado de alarma en Madrid


O Consello de Ministros aprobou este venres a declaración de estado de alarma na Comunidad de Madrid coas mesmas medidas que había vixentes. O peche da capital e doutros municipios madrileños de máis de 100.000 habitantes onde a incidencia de contaxios é superior a 500. A aprobación desta figura excepcional produciuse a pesar de que a presidenta da Comunidade madrileña, Isabel Díaz Ayuso, mantivo unha conversación co xefe do Executivo, Pedro Sánchez, para tentar pactar unha orde conxunta. Fontes da Moncloa confirman que falaron uns minutos e aínda que a Comunidade de Madrid pediu máis tempo, Sánchez trasladoulle “que hai que protexer a saúde publica xa” co estado de alarma. Acordaron que nos próximos 15 días os equipos seguirán falando.