Controis policiais a torto e a dereito en Madrid, que comezou a semana con numerosos barrios confinados debido á pandemia da COVID-19. Case un millón de persoas non poden saír do seu sector sanitario salvo para ir traballar, unha visita médica ou ir á escola. As restricións, que afectan sobre todo a zonas populares e densamente poboadas do sur da cidade nas que se produciu unha explosión de casos nos últimos días, estarán en vigor durante polo menos dúas semanas. A partir do mércores, impoñeranse fortes multas aos infractores. Neste contexto, o Goberno estatal e o rexional, ideolóxicamente enfrontados, enterraron a machada de guerra que empuñaran estas últimas semanas . Unha reunión entre o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, sentou as bases dunha colaboración imprescindible para plantar cara á pandemia.