Sánchez e Casado non concretan achegamento

dpm.

As dúas partes coinciden en sinalar que a hora e media da reunión foi nun ton cordial. Onde xa non hai acordo é en quen é o responsable de que o encontro rematara sen ningún achegamento. As acusacións e os reproches de bloqueo son mutuas. Enriba da mesa estaban o financiamento autonómico, as pensión ou os presupostos. E, tamén, a renovación de órganos como Consello Xeral do Poder Xudicial ou o Tribunal Constitucional. Unhas renovacións para as que son impresicindibles o acordo entre Goberno e o PP. E aí encallou o diálogo. Casado condiciona calquera negociación á ruptura da mesa de diálogo con Cataluña. Desde o Goberno acusan o PP de utilizar as institucións como «reféns» para impoñer a súa política. Malia a falta de achegamento, o Goberno insiste en que non pecha a porta a seguir dialogando co principal partido da oposición e o líder do PP asegura que canda vez que o chamen acudirá ás reunións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha