Sánchez e Obama reúnense brevemente en Sevilla

O presidente de Goberno, Pedro Sánchez, reuniuse co expresidente de EEUU, Barack Obama, no marco do Cume Mundial de Turismo WTTC 2019 en Sevilla. Sánchez explicou que departiu con Obama sobre “desafíos globais como o cambio climático” coincidindo en que “se necesitan ferramentas multilaterais”. O presidente do Goberno definiu o encontro como “un interesante intercambio de ideas sobre a loita contra o quecemento global”

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha