Sánchez enmarca a súa ‘minoría’ no Congreso na ‘normalidade’

  • Nesa «realidade» de «Parlamento fragmentado» é «onde hai que operar» e cre que o PSOE é o partido que mellor pode articular esas «votacións tan axustadas».

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, enmarcou na «normalidade» a súa «minoría parlamentaria» no Congreso dos Deputados e comprometeuse a «garantir a estabilidade» da lexislatura en base ao diálogo cos diferentes grupos parlamentarios. «Vou suar a camiseta para garantir a estabilidade», quixo deixar claro. Cre que «nun parlamento fragmentado lograr votacións axustadas é o camiño da normalidade».

Así o dixo en unha entrevista en Radio Nacional de España (RNE) na que o xefe do Executivo insistiu en que é «boa noticia» que partidos como Junts, ERC e EH Bildu se incorporasen con «políticas construtivas» á gobernabilidade do país e cargou contra a «oposición destrutiva» do PP «que non é que poña obstáculos ao Goberno senón que actúa contra a maioría social do país».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha