Sánchez estará na presentación da candidatura de Caballero

1 minutes read

Gonzalo Caballero anunciou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, participará o domingo na presentación da súa candidatura á presidencia da Xunta, marcando o “punto de inicio do período electoral que levará a Galicia a un goberno mellor”. Anunciou “un novo proxecto para unha nova Galicia” que “pase páxina e deixe atrás 11 anos de desfeita de Feijóo”.

O secretario xeral dos socialistas de Galicia mantivo un encontro co alcalde de Ferrol, ao que puxo como exemplo do cambio que quere impulsar desde o goberno da Xunta.

Gonzalo Caballero comprometeuse a impulsar un novo plan de reindustrialización e a retomar as obras da vía de alta capacidade da costa norte. Caballero presentará este domingo a súa candidatura á Xunta.

«Alí estaremos os socialistas presentando un novo proxecto político para unha nova Galicia. Para ben de todos, vainos acompañar o secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez», anunciou Gonzalo Caballero.