Sánchez estuda cambiar a lei para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial

Pedro Sánchez.

O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, estuda cambiar a lei para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial. Asegura que a maioría do Congreso debe buscar unha saída para actualizar o órgano de goberno dos xuíces ante o bloqueo do Partido Popular.

“Se temos o principal partido da oposición bloqueando esa renovación creo que a maioría absoluta da cámara e o poder executivo temos que dar unha saída para desbloquear esta situación e loxicamente renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial. E desde logo a miña intención e a miña vontade é facelo”, asegurou o presidente desde Bruxelas.