Sánchez estuda cambiar a lei para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial

Pedro Sánchez.

O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, estuda cambiar a lei para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial. Asegura que a maioría do Congreso debe buscar unha saída para actualizar o órgano de goberno dos xuíces ante o bloqueo do Partido Popular.

«Se temos o principal partido da oposición bloqueando esa renovación creo que a maioría absoluta da cámara e o poder executivo temos que dar unha saída para desbloquear esta situación e loxicamente renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial. E desde logo a miña intención e a miña vontade é facelo», asegurou o presidente desde Bruxelas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha