Sánchez expón unha Mesa para reconstruír España tras a crise do COVID-19

Reunión telemática entre Pedro Sánchez e Pablo Casado_Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa

  • O presidente considera positiva a proposta do PP para que a Mesa se constitúa no Congreso dos Deputados como Comisión parlamentaria

O xefe do Executivo expuxo aos grupos parlamentarios a creación dunha Mesa para a Reconstrución Social e Económica do país tras a crise sanitaria causada polo COVID-19.

Os obxectivos desta Mesa serán o relanzamento da economía e a recuperación da actividade do tecido produtivo; a protección dos colectivos vulnerables e con máis dificultades para lograr a súa inserción no mercado de traballo, co fin de que ninguén quede atrás; a reconstrución do Estado do benestar e o reforzo do sistema sanitario, e o impulso para conseguir unha resposta coordinada e solidaria da Unión Europea.

O Goberno destacou a necesidade do diálogo interinstitucional que permita optimizar o desenvolvemento de medidas en todo o territorio, e do diálogo social para sumar a este gran acordo a contribución de empresarios e sindicatos.

Pedro Sánchez agradeceu a disposición das forzas parlamentarias para alcanzar un acordo sobre o que asentar a reconstrución e considerou positiva a proposta do presidente do Partido Popular para que a Mesa se constitúa no Congreso dos Deputados como Comisión parlamentaria.

O xefe do Executivo reuniuse o xoves cos grupos parlamentarios Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en común, Plural, Cidadáns e Vasco (EAJ-PNV). O venres mantivo encontros cos grupos Republicano, EH Bildu, Mixto e Socialista.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha