Sánchez & Feijóo | E ti máis | ‘Choque de trens’ no Senado

O Senado protagonizou este martes uo dos ‘cara a cara’ máis tenso e bronco entre o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, que subiu o ton contra o que definiu un Goberno que “está en chamas”, en “shock” e que está “a arrastrar a toda a nación” e deixando un “clima irrespirable” en España.

“Onde está a súa moderación? En obxectos perdidos coa súa suposta autonomía?”, respondeulle en ton irónico Sánchez. O líder do PP avisoulle de que haberá unha «moción de censura», pero será a das eleccións autonómicas e municipais do 28 de maio.

Sánchez lembroulle ademais que foron os españois quen, nas últimas eleccións xerais, «votaron e fixeron primeira forza política ao PSOE». E defendeu a súa xestión con medidas como as axudas para pagar a hipoteca aprobadas este martes en Consello de Ministros, pola que se beneficiarán «un millón de familias», os «2,3 millóns beneficiados pola reforma laboral ou os nove millóns de pensionistas que non van perder o seu poder adquisitivo».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha