O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o presidente do Consello Europeo, Charles Michel, reuníronse este domingo en Moncloa. Sobre as medidas para promover, Sánchez apostou por «converter a nosa presidencia nunha etapa de grandes avances en Europa». O presidente do Goierno marcou como prioridades a reindustrialización, a transición ecolóxica, a xustiza social e a unidade dos Vinte e sete, á vez que recalcou que as institucións e a cidadanía española «van estar á altura das circunstancias». Nos catro puntos principais que marcou para a presidencia do Consello da UE, incluíu determinar unha visión estratéxica para 2030, conseguir novos aliados en Latinoamérica e alcanzar unha fiscalidade máis xusta.