Sánchez pide en Logroño unha maioría «contra as tres dereitas»

Pedro Sánchez, deu un paseo polo parque de La Ribera antes de participar nun acto con afiliados, simpatizantes e dirixentes do PSOE na Rioxa. O presidente do Goberno de España estivo acompañado pola líder dos socialistas na rexión, Concha Andreu; as candidatas María Marrodán (Congreso) e María Vitoria de Pablo (Senado); e o secretario de Organización, Francisco Ocón, entre outras autoridades da formación.

Un espontáneo comezou a increpar a Pedro Sánchez: “Vas perder cos votos da Rioxa. España non se vende. Nin doutor nin presidente, es Falcon Crest. De presidente, nada. Vas perder. Acabóuseche o choio”.

Pasado o tenso momento sen maiores incidentes, a comitiva socialista entrou no auditorio para arrincar unha precampaña socialista na Rioxa na que saen con máis opcións que nunca de gobernar nas principais administracións autonómicas e locais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha