Sánchez pide o apoio de todos para validar a reforma laboral


O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, asegurou que se trata de «un bo acordo para España». Tamén pediu a «todos os militantes» socialistas e aos demais grupos políticos a que se envorquen para defender o acordo en todos os recunchos do país. Así o dixo durante o Comité Federal do PSOE que se reuniu de maneira semipresencial nun hotel de Madrid e en que os socialistas ratificaron a Luís Tudanca como candidato deste partido ás eleccións á Junta de Castilla y León do próximo 13 de febreiro.

No seu discurso, Sánchez recoñeceu que cada grupo terá «algunha obxección» á reforma laboral, pero afirmou que «non hai acordo se todos e cada un de nós non cedemos en algo», pois o contrario «chámase imposición e tivemos bastante co Goberno do PP e coa contrarreforma que agora queremos corrixir».