Sánchez pide unha solución europea que protexa familias e empresas do prezo da electricidade

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reuniuse co chanceler de Alemaña, Olaf Scholz, e subliñou a necesidade de que a UE asuma con unidade «o mandato e a responsabilidade» xurdidos da reunión informal de Versalles, e a semana que vén o Consello Europeo aprobe medidas «concretas, inmediatas e eficaces» que protexan aos cidadáns europeos da escalada nos prezos da electricidade agravada coa guerra de Putin. Para o presidente do Goberno, os cidadáns europeos non poden esperar máis tempo, o momento de actuar e tomar decisións é agora. «As nosas familias, as nosas empresas e a nosa industria están a esperar respostas que Europa debe darlles. Non podemos defraudarlles».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha