Sánchez reafirma a aposta do Goberno polo hidróxeno verde

1 minutes read

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, visitou o Centro Nacional do Hidróxeno (CNH2), en Puertollano, Ciudad Real, para reafirmar a aposta do Goberno polo hidróxeno verde, como demostra o establecemento dunha Folla de Ruta do Hidróxeno e a aprobación o PERTE de Enerxías Renovables, Hidróxeno Renovable e Almacenamento (ERHA), que mobilizará máis de 4.300 millóns de euros neste ámbito, cun investimento público de 1.555 millóns de euros. Sánchez aproveitou a súa visita ao CNH2 para reforzar a «gran oportunidade» que supoñen os fondos europeos para España. «Non me cabe dúbida de que con centros como este imos aproveitar esa oportunidade para dar ese salto de modernidade á nosa economía», afirmou o presidente.