Sánchez reafírmase nos Fondos Europeos para impulsar a transición cara a un modelo sostible


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, visitou este sábado as instalacións de TSK no Parque Científico Tecnolóxico de Xixón, grupo asturiano de empresas de enxeñería que recibiu fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) e que desenvolve a súa actividade nos campos da enerxía, a industria e o medio ambiente. O Xefe do Executivo puxo en valor a transcendencia dos Fondos Europeos para o impulso de proxectos sostibles, como os desenvolvidos por esta empresa. No seu percorrido polas instalacións de TSK, empresa cuxo obxectivo é xerar un desenvolvemento máis sostible, achegando solucións para a industria e o sector enerxético, o xefe do Executivo lembrou a oportunidade que supón para o noso país os Fondos Europeos para a recuperación e crecemento de España, tras a pandemia sufrida a nivel global pola Covid-19.