Sánchez reprocha a EH Bildu a súa ‘equivocación’ ao elaborar as listas do 28M

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, dirixiuse este mércores a EH-Bildu para dicirlles que se «equivocaron» na elaboración das súas listas para o 28M coa inclusión de 44 condenados de ETA, entre eles sete por delitos de sangue, e instoulles: “O que teñen que facer é dar unha mensaxe moito máis rotunda e contundente de perdón, reparación, reconciliación e homenaxe ás vítimas, que sufriron moitísimos anos a actividade terrorista de ETA”. Sánchez xa manifestara días atrás que a inclusión destas candidaturas podería ser «legal» pero non «decente», algo no que volveu a insistir.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha