Sánchez subliña o apoio do Goberno para que a presidencia francesa da UE sexa un éxito


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reuniuse na Moncloa co primeiro ministro da República Francesa, Jean Castex, que viaxou a Madrid para presentar as prioridades da presidencia francesa da UE, centradas na recuperación económica, a necesidade de progresar nas negociacións do novo Pacto de Migración e Asilo da UE e na Europa da Defensa.

Sánchez e Castex abordaron tamén o próximo Cume da OTAN, que España acollerá en 2022; e as excelentes relacións bilaterais entre ambos os países. O presidente do Goberno subliñou que espera que a presidencia francesa da UE durante o primeiro semestre de 2022, «sexa un éxito e os seus resultados sexan beneficiosos para a Unión Europea no seu conxunto», para o que conta co firme apoio de España.