Sánchez | “Todo o Goberno” está comprometido coa “modernización da lexislación laboral”


Pedro Sánchez, asegurou este luns que “todo o Goberno” está comprometido coa modernización da lexislación laboral e sinalou que unha negociación deste calibre “con vocación de perdurar” farase en España “como se fai en Europa”, con diálogo social e consenso. O presidente do Goberno defendeu “modernizar” as institucións para “garantir a máxima creación de oportunidades e a repartición máis xusta dos froitos dese crecemento económico”, o cal debe facerse, recalcou, “co maior de consenso”. “Porque durante esta última década sufrimos en España moitísimas contrarreformas”, lembrou ao mencionar expresamente a reforma laboral e a das pensións co propósito de resaltar que ambas “crebaron o diálogo social”. Pedro Sánchez tivo un recoñecemento expreso ao labor da vicepresidenta Calviño e mostrouse orgulloso de liderar un Goberno que acomete uns debates “necesarios e imprescindibles se queremos acertar e corrixir moitos erros que se cometeron no pasado e mirar con garantía ao futuro”.