Sánchez | «Todo o Goberno» está comprometido coa «modernización da lexislación laboral»

Pedro Sánchez, asegurou este luns que «todo o Goberno» está comprometido coa modernización da lexislación laboral e sinalou que unha negociación deste calibre «con vocación de perdurar» farase en España «como se fai en Europa», con diálogo social e consenso. O presidente do Goberno defendeu «modernizar» as institucións para «garantir a máxima creación de oportunidades e a repartición máis xusta dos froitos dese crecemento económico», o cal debe facerse, recalcou, «co maior de consenso». «Porque durante esta última década sufrimos en España moitísimas contrarreformas», lembrou ao mencionar expresamente a reforma laboral e a das pensións co propósito de resaltar que ambas «crebaron o diálogo social». Pedro Sánchez tivo un recoñecemento expreso ao labor da vicepresidenta Calviño e mostrouse orgulloso de liderar un Goberno que acomete uns debates «necesarios e imprescindibles se queremos acertar e corrixir moitos erros que se cometeron no pasado e mirar con garantía ao futuro».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha