O líder do PSOE, Pedro Sánchez, interveu este sábado no pleno do congreso que o Partido Socialista Europeo (PES) celebra en Málaga, unha cita coa que os socialistas queren marcar a liña política para as eleccións europeas de xuño de 2024 e que está marcada ademais pola recente dimisión do primeiro ministro de Portugal, Antonio Costa.
Sánchez foi recibido cunha forte ovación e berros de “Pedro, presidente” con todos os participantes en pé aplaudíndolle e coreando o seu nome. Alí acusou ao partido de Alberto Núñez Feijóo de ser “unha dereita desnortada, desbordada, incapaz de plantar cara á dereita máis reaccionaria” de Vox e pediulle “cordura e mesura” porque “avanza nunha senda reaccionaria cara ao abismo”, ademais de esixirlle que acepte “a lexitimidade do goberno que se formará pronto en España”.
A escasos días de volver ser investido presidente do Goberno, Pedro Sánchez, augurou unha “lexislatura de estabilidade” e de “convivencia institucional” e cargou moi duramente contra unha “dereita tradicional”, en relación ao PP, “parasitada por unha ultradereita” que “exhibe símbolos e proclamas dun pasado que pensabamos superado”, concluíu.