Sancionan a un mariñeiro de Cee por faenar en domingo e realizar pesca deportiva

2 minutes read

A Patrulla do Seprona e a Patrulla de Seguridade Cidadá da Garda Civil de Corcubión reciben unha información de que unha embarcación saía do porto de Fisterra a pescar, por tal motivo montan un dispositivo de vixilancia. Ás poucas horas entra a embarcación no porto de Fisterra, dispoñendo ambas as patrullas un dispositivo co fin de interceptar a embarcación e realizar inspección da mesma. O Patrón da embarcación, ao estar a chegar aos pantaláns e ao ver á Patrulla de Seguridade Cidadá, acelera a embarcación, saíndo de porto e procedendo ao fondeo dunha gran nasa á saída do Porto de Fisterra, sendo gravada toda esta manobra polos Axentes do Seprona.

Unha vez finalizado o fondeo regresa a porto, sendo identificado polas patrullas, tratándose dun mariñeiro profesional veciño da localidade de Cee, cunha embarcación de 3ª lista (profesional), despachada para Artes Menores, a cal non pode saír a faenar os domingos. Solicítaselle para que leve aos compoñentes da patrulla ata o lugar onde fixo o fondeado, ao obxecto de proceder á súa aprehensión, este négase a colaborar facendo xestos de burla aos Axentes, por tal motivo realízanse xestións co barco de Salvamento Marítimo atracado no Porto de Brens–Cee “Don Inda”, ao obxecto de que eles poidan prestar apoio a estas Unidades da Garda Civil para levantar a nasa que esta persoa fondeara.

Tras a chegada da embarcación de Salvamento marítimo ao Porto de Fisterra procédese ao levantamento da nasa fondeada, contendo a mesma case 40 kg de robaliza, 2 kg de Sargo, 1 Kg de Xurelo e 1 Kg de Xarda, a cal é entregada ao centro benéfico de Cáritas Cee para axudar aos máis desfavorecidos da comarca nestes duros momentos. Ao Patrón da embarcación procédeselle a cursar as pertinentes denuncias administrativas, tanto por non respectar o confinamento que decreta o Estado de Alarma, ao non estar permitido o saír a pescar de forma recreativa, que será remitida á Subdelegación de Goberno da Coruña, como por diferentes denuncias á Lei 6/2009 de Pesca de Galicia as cales son remitidas á Conselleria do Mar da Xunta de Galicia e a Lei 38/1992 de Impostos especiais, que será remitida a Facenda.