Sandra Insua Rial elixida por aclamación candidata á alcaldia de Camariñas

0 minutes read

A actual alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua Rial, foi elixida este venres como candidata do PSOE para as próximas eleccións municipais do vindeiro mes de maio. “Con máis coñecemento e ilusión que nunca” os socialistas esperan consolidar o que sería o seu cuarto decenio a fronte do concello da vila palilleira. Sandra Insua estivo apoiada por un nutrido número de militantes, así como a secretaria xeral da agrupación local, Encarna Liñeiro e o presidente da agrupación Alejandro Devesa.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?