Sandra Vilela critica o atraso do goberno de Muxía na programación das actividades de verán para nenos


A portavoz do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Muxía, Sandra Vilea, criticou o atraso por parte do goberno local na organización e programación das actividades municipais de verán destinadas aos nenos.

Considera que a ausencia de noticias a estas alturas do ano sobre os plans do concello respecto a estas actividades é unha mostra da “incapacidade de xestión e de planificación” do executivo local. “Estamos a falar dun asunto moi grave para as familias. Todos sabemos os problemas de conciliación que existen durante os meses de verán nos que os máis pequenos non teñen colexio e os pais non poden estar na casa todo o tempo que lles gustaría”, denunciou Vilela.

Neste sentido, a portavoz popular lembrou que este problema repítese “ano tras ano” sen que desde o goberno local se tomen medidas para tratar de solucionalo. “O normal é que as actividades xa estivesen programadas e as persoas interesadas xa puidesen apuntarse e planificar o verán”, dixo.

Por todo iso, Vilela urxe ao novo rexedor a que “non demore máis días” un asunto que cualificou de “urxente” e que, segundo explicou, ten en “ vilo e moi preocupadas” a moitas familias do concello.