Sandra Vilela pon en valor o papel das Casas do Maior

Cedida.

A deputada autonómica do Partido Popular, Sandra Vilela, mantivo unha reunión cos representantes de Colaxe, cooperativa responsable da xestión das Casas do Maior que a Xunta de Galicia ten na Costa da Morte –Camariñas (2), Mazaricos (2), Coristanco (3), Laxe, Cee, Muxía e Ponteceso-.

Vilela aproveitou o encontro para destacar o valor destes recursos de conciliación para os cidadáns que habitan en localidades menos poboadas e que permiten crear unha rede de atención de proximidade. A popular destacou que Galicia logrou consolidar nos últimos anos unha ampla rede de casas do maior, cun total de 125 delas en funcionamento por toda a comunidade que suman máis de 520 prazas gratuítas de atención diúrna en mediano e pequenos concellos onde antes non existían servizos semellantes.

Respecto diso, Vilela explicou que as casas do maior son unha mostra do compromiso do executivo autonómico por aproximar aos fogares dos veciños de máis idade os recursos que necesitan para que poidan gozar desta etapa das súas vidas onde e como prefiran.

Vilela, quen destacou o compromiso dos representantes de Colaxe, incidiu en que as casas do maior atenden de forma gratuíta a un máximo de cinco persoas de, polo menos, 60 anos, durante un máximo de oito horas de luns a venres. “Os responsables teñen formación ou experiencia profesional específica, polo que conta con todas as garantías de seguridade e calidade”, declarou a popular.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha