Sanidade aborda o futuro da atención primaria cos colexios profesionais de médicos

Consulta do Sergas

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantivo unha reunión cos presidentes dos catro colexios médicos galegos, para abordar o futuro da atención Primaria na comunidade, na que tamén participaron o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores, e o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, onde se trataron as necesidades e as inquedanzas que presentan os diferentes eidos do sistema sanitario galego, sendo protagonista a atención Primaria.

Os representantes colexiais trasladáronlle ás autoridades sanitarias un documento con varios puntos suxeridos desde as vogalías de atención Primaria. O conselleiro de Sanidade remarcou o traballo que están a realizar os profesionais que, dentro do Consello técnico de atención Primaria, están a desenvolver, en 15 comisións específicas, os seus correspondentes informes de conclusións. Este Consello técnico xa leva realizadas tres reunións durante o ano 2021, dando continuidade ao cronograma de reunións definido para acadar os seus obxectivos nos próximos meses.

No transcurso da reunión, púxose en valor o “Plan galego de Atención Primaria”, a folla de ruta deseñada para este nivel asistencial no ano 2019, e que mantén a súa vixencia na actualidade. Así, nestes intres xa se cumpriron a práctica totalidade dos obxectivos que tiña definidos a curto prazo, e continúa a bo ritmo o desenvolvemento dos fixados a medio e longo prazo.

Así mesmo, ambas partes amosaron o seu acordo, en liñas xerais, sobre o documento “Por unha Primaria vertebradora do sistema de saúde”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha