Sanidade abre a autocita para repescar aos que non se vacinaron

1 minutes read

A Consellería de Sanidade anunciou o lanzamento dun novo sistema de autocitas para repescar as persoas que non se vacinaron. Así, poranse á disposición dos mozos de entre 12 e 19 anos un total de 25.000 ocos entre o luns 30 e o martes 31 de agosto, mentres que para os maiores de 20 anos habilítanse 30.000 autocitas para o vindeiro venres, 3 de setembro.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou este novo dispositivo nunha visita ao punto de vacinación do Instituto Feiral de Vigo. Aínda que as autocitas entran en funcionamento, y tras pechar este venres o sistema de citas por SMS, «que funcionou francamente ben», Comesaña matizou que aqueles que estean citados nas próximas semanas para segundas doses, «recibirán a cita vía SMS».