Sanidade accede a suprimir as restricións en hostalería e abrir o lecer nocturno ata as 2

O Ministerio de Sanidade accedeu a flexibilizar as restricións á hostalería e ao lecer nocturno que aprobou a semana pasada no Consello Interterritorial de Saúde coa oposición dalgunhas comunidades como a de Madrid, que recorreu á xustiza. A nova proposta que enviou ás autonomías xa non fala de restricións na hostalería e autoriza a apertura do lecer nocturno ata as 2 tamén nas zonas cun nivel medio de risco e non só baixo, segundo o borrador realizado.

Faino despois de que a Audiencia Nacional dese a razón ao Executivo de Isabel Díaz Ayuso e acordase suspender preventivamente as novas medidas restritivas para facer fronte á pandemia de coronavirus, ante «o risco de xerar situacións de incerteza e de menoscabo (que puidese ser grave) aos intereses dos afectados últimos pola decisión de impoñer restricións distintas ás xa existentes».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha