Sanidade aconsella limitar a vida social este Nadal

Cedida.

A incidencia covid segue aumentando, España superou este martes os 200 casos por cen mil habitantes, 208, unha taxa que non se vía desde principios de setembro. Sanidade contabiliza xa catro casos da variante ómicron en España e aconsella limitar o número de partipantes en eventos públicos e sociais durante este Nadal. O Goberno decidiu restrinxir os voos procedentes de países de alto risco do 2 ao 15 de decembro. A ministra voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, explicou na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros que estos “son os voos procedentes do cono sur, e as restricións non afectarán aos que traian cidadáns españois e de Andorra”.