Sanidade acorda suspender a vacinación con AstraZeneca en menores de 60 anos


O Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas acordaron administrar a vacina contra a Covid-19 de AstraZeneca só a maiores de 60 anos, segundo confirmaron fontes presentes no Consello Interterritorial de Saúde, que indicaron que a medida foi aprobada por maioría, co respaldo de todas as comunidades excepto Madrid, que votou en contra, mentres que País Vasco e Ceuta abstivéronse. As mesmas fontes tamén informaron de que o acordo comprende á poboación de entre 60 e 65 anos, e que a ampliación da vacinación con AstraZeneca a maiores de 65 anos estudarase na Comision de Saúde Pública. «A partir de agora continuaremos coa administración desta vacina, pero a persoas maiores de 60 anos», confirmou despois do Consello Interterritorial a ministra de Sanidade, Carolina Darias.