36
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou que a partir do 17 de decembro as familias dos nenos e nenas de entre cinco e once anos poderán recoller nas farmacias o test gratuíto que o Sergas lles ten asignado, un por cada neno. Segundo o conselleiro, estarán dispoñibles uns 150.000 para que poidan facerse nos fogares. No caso de dar positivo, faríase comprobación cunha PCR e tamén está prevista a axilización dese procedemento, xa que -dixo- «imos reforzar os ocos de citas para PCR».